Publicador de contidos
Publicador de contidos

Irún-Santiago: 820 quilómetros correndo por remudas e sen descanso

Irún-Santiago: 820 quilómetros correndo por remudas e sen descanso

Os cinco mozos que participan neste reto iniciaron o Camiño o luns e teñen previsto chegar este venres a Compostela

CInco mozos levan a cabo o reto do camiño correndo por remudas
G24.gal 09/09/2022 14:23

Catro mozos andaluces e un cántabro están levando a cabo un singular reto: facer o Camiño Norte de Santiago desde Irún no menor tempo posible correndo por remudas e sen descanso. Comezaron o luns e este venres á tarde teñen previsto chegar ao Obradoiro.

Eles son Gorka, Pablo, Nico, David e Clara. Uniunos a paixón polo deporte, ao que a maioría se dedica profesionalmente. Despois de varios retos, hai uns meses propuxéronse este: facer o Camiño Norte desde Irún a Santiago no menor tempo posible. 820 km correndo por remudas sen descanso.

O luns puxéronse en ruta. É un traballo de equipo todo o tempo: mentres un corre a etapa que lle toca, o resto encárgase da loxística a bordo dunha autocaravana. As transicións de cada etapa son o momento máis emotivo e divertido á vez.

Cando cheguen a Santiago cada un levará acumulados uns 170 quilómetros, ducias de anécdotas e momentos duros tamén.

Teñen previsto chegar a última hora da tarde ao Obradoiro e homenaxeárense para celebralo e pensar quizais na próxima aventura

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar