Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago manten o tirón turístico dende a Semana Santa

Santiago manten o tirón turístico dende a Semana Santa

Nesta ponte das Letras, a capital galega comeza a vivir o ambiente das festas da Ascensión

A pesar da chuvia e do día desapracible, camiñantes e turistas manteñen os seus plans para este domingo

G24.gal 15/05/2022 14:56 Última actualización 15/05/2022 15:08

Na praza da Quintana a ringleira para entrar na porta santa compite este domingo coa que se forma na tenda de paraugas e chuvasqueiros.

Falta fai porque senón non imos rascar bóla, hai que vendelos cando chove. Cando chove, chove para todos e os que vendemos os paraugas teremos algo máis de sorte.

Un día desapracible non muda as expectativas dos hostaleiros composteláns. Polo menos dos que gozan dunha situación privilexiada, segundo explica Suso Pais.
 

Efectivamente na Semana Santa houbo moita xente, foi a mellor Semana Santa en trinta anos que levo no meu establecemento, e si se mantén. Hoxe está un día raro porque ao chover a xente un pouco se difumina, pero hai xente. Estamos en Xacobeo"

Tamén están contentos de como vai a ponte nas tendas que venden artesanía.
 

Desde Semana Santa podemos dicir que hai máis público e un público máis interesante. agora mesmo estase valorando bastante a calidade, o feito a man, o feito en Galicia"
 

A chuvia axuda os visitantes a reparar non soportais que ten a cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade