Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago precisa condutores de taxi para cubrir a demanda turística da Semana Santa

Santiago precisa condutores de taxi para cubrir a demanda turística da Semana Santa

O Concello fará un exame a condutores o 31 de marzo para o que están inscritos 30 condutores e o sector di que todos son necesarios

O sector non reclama máis licenzas, senón máis condutores para facer quendas

G24.gal 15/03/2023 16:04

Quedan pouco máis de 15 días para que chegue a Semana Santa, e os taxistas de Santiago están preocupados pola falta de condutores. Agora que comeza a temporada turística o servizo adoita saturarse.

 Os taxistas temen que se volvan repetir os colapsos de anos anteriores cando os usuarios tiñan moito tempo de espera para ter un taxi dispoñible.

En Santiago hai licenzas dabondo. Son en total 147, un 50 por cento máis das que fixa a lei autonómica, que é dunha por cada mil habitantes.

No inverno son máis que suficientes, pero na temporada turística non chegan.

De feito, o sector non reclama máis licenzas, senón máis condutores para facer quendas.

O Concello é quen realiza os exames de capacitación e o único exame anual vai ser o 31 de marzo, moi enriba xa da Semana Santa.

Para esta proba hai 30 inscritos e os taxistas din que os necesitan todos, 15 de incorporación inmediata para cubrir a demanda que esperan ter.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade