Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sector turístico e Xunta confían en chegar a unha ocupación do 80% esta Semana Santa

Sector turístico e Xunta confían en chegar a unha ocupación do 80% esta Semana Santa

Alfonso Rueda visitou a Casa Museo Valle-Inclán, que acaba de abrir ao público tras a rehabilitación

G24.gal 27/03/2024 18:34 Última actualización 27/03/2024 19:34

O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta agardan chegar a unha ocupación hoteleira media do 80% esta Semana Santa, a pesar das previsións meteorolóxicas. Nunha visita á Casa Museo Valle-Inclán, en Vilanova de Arousa, o xefe do Goberno galego en funcións, Alfonso Rueda, destacou o patrimonio cultural e gastronómico como atractivos para os visitantes e animou os galegos a facer turismo interior.

Entre os plans a cuberto que ofrece Galicia esta Semana Santa está a casa natal de Valle-Inclán, en Vilanova de Arousa, que abriu este mércores ao público tras as obras de rehabilitación, en que a Xunta investiu máis de 500.000 euros. Alí Alfonso Rueda defendeu a importancia de coidar o noso patrimonio para atraer turistas todo o ano.

"Aquí hai unha oferta turística moi consolidada e anúncianse moi boas perspectivas para o resto do ano. O reto é desestacionalizar, por iso é tan importante que cheguen canto antes os trens Avril. Eu aproveito tamén os galegos a que fagan nestas vacacións curtas turismo aquí, en Galicia", dixo Rueda.

Tras conseguir o récord de 7 millóns de turistas aloxados no 2023, Galicia segue batendo marcas con máis de catrocentas cinco mil pernoitas no mes de Entroido. O sector turístico agarda unha ocupación de entre o 70% e o 80% nesta Semana Santa, a falta das reservas ou cancelacións de última hora.

"Queremos transmitir que é un bo comezo de temporada. As previsións para o verán van ser moi boas e agardamos que estes días a ocupación tamén sexa boa, porque é o inicio de temporada para moitos establecementos", explicou Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade