Cargando resultados...
Amplían dez quilómetros o radio de busca do octoxenario desaparecido en Abadín
Amplían dez quilómetros o radio de busca do octoxenario desaparecido en Abadín
Medio cento de veciños e voluntarios participan nos traballos de busca, coordinados pola Garda Civil
Félix Aragunde
08/09/2023 13:49
Enrique Bolívar Díaz Pardo, de 82 anos, leva xa cinco días desaparecido. Búscano medio cento de veciños e voluntarios, nun dispositivo coordinado pola Garda Civil, en que participaron cans de rastrexo e medios aéreos.
Para intentar dar con el, ampliouse o radio de busca ata os dez quilómetros de distancia, marcando aqueles lugares xa percorridos.
O octoxenario é veciño da Fontepresa, na parroquia de Quende, onde levaba anos vivindo só. Malia non atoparen pista ningunha do seu paradoiro, os participantes na busca non perden a esperanza.
O desaparecido ten mobilidade reducida, o que fai pensar que non puido ir moi lonxe polo seu propio pé.