Seguen ingresados os dous feridos máis graves en PortAventura, un deles en estado crítico
Seguen ingresados os dous feridos máis graves en PortAventura, un deles en estado crítico
Outros tres, menos graves, xa foron dados de alta
Todos estaban a bordo da montaña rusa de madeira cando unha árbore caeu polo vento e feriu 14 persoas, 9 con mancaduras leves
Permanecen ingresados os dous feridos máis graves no accidente do parque de atraccións de PortAventura, un deles en estado crítico. Outros tres, menos graves, xa foron dados de alta.
Todos estaban a bordo do Tomahawk, a montaña rusa de madeira, cando unha árbore próxima caeu polo vento e algunhas ramas impactaron e feriron 14 persoas. Nove, con mancaduras leves.
O parque activou o seu protocolo cun equipo de primeiros auxilios que atendeu os feridos ata que chegaron os servizos de emerxencia.
Cando ocorreu o suceso, Protección Civil tiña activada a alerta por refachos de vento moi forte no sur de Cataluña.
Nun comunicado, os responsables do parque din que o incidente foi alleo ao funcionamento da atracción.
Os Mossos d'Esquadra abriron unha investigación técnica para esclarecer as causas do accidente.