Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis influencers participan na segunda edición de "Instagrammers no Camiño"

Seis influencers participan na segunda edición de "Instagrammers no Camiño"

A campaña da Xunta tenta animar a mocidade, a través das redes, a camiñar a Galicia neste Xacobeo

Percorrerán desde Ourense os cen últimos quilómetros da Vía da Prata contando as súas vivencias 

G24.gal 26/03/2022 14:47

A Xunta presentou este sábado os seis influencers que participarán na segunda edición da iniciativa Instagrammers no Camiño, unha campaña para animar a mocidade a través das redes sociais a camiñar a Galicia neste Xacobeo. 

Volve apostar polo talento galego con profesionais con visibilidade nos medios de comunicación pero, sobre todo, con forte presenza nas redes sociais.

Os seis participantes suman 3,6 millóns de seguidores. Son a actriz Cristina Castaño, os cantantes Luís Cepeda e Roi Méndez, as influencers Natalia Maquieira e Tamara García Romero e o youtuber Xurxo Carreño.

Todos eles percorrerán entre o 30 e o 3 de abril desde Ourense os cen últimos quilómetros da Vía da Prata contando desde as redes sociais as súas vivencias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar