Cargando resultados...
Seis meses de prisión para un vigués que tiña fotos e vídeos de pornografía infantil
Seis meses de prisión para un vigués que tiña fotos e vídeos de pornografía infantil
O condenado ten discapacidade intelectual leve, circunstancia que se tivo en conta como atenuante
G24.gal
25/03/2022 11:49
Condenado a 6 meses de prisión un veciño de Vigo que tiña no seu poder 600 vídeos e fotografías de pornografía infantil.
O home aceptou a pena nunha vista celebrada nos Xulgados do Penal. Foi durante un rexistro na súa casa en 2020, cando lle incautaron o teléfono e cinco tarxetas de memoria. Neses dispositivos atoparon o material pornográfico.
A incautación produciuse no transcurso dunha investigación xudicial por presunto exhibicionismo. O condenado ten discapacidade intelectual leve, circunstancia que se tivo en conta como atenuante.