Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen carné, sen seguro e sen ITV en Vigo, accidéntase e dá positivo en droga

Sen carné, sen seguro e sen ITV en Vigo, accidéntase e dá positivo en droga

Houbo dous coches implicados no accidente acontecido na rúa García Barbón 

G24.gal 14/08/2023 14:43

Un home que se viu involucrado nun accidente de tráfico en Vigo conducía sen ter nunca carné, viaxaba nun vehículo que carecía de seguro e ITV e, ademais, deu positivo en cánnabis, segundo informou a Policía Local.

O accidente produciuse na rúa García Barbón e someteron un dos condutores implicados a unha proba de tóxicos con resultado positivo en cánnabis.

A maiores comprobouse que carecía de permiso de conducir, ao non obtelo nunca, e que o vehículo que pilotaba carecía de seguro e ITV.

Foi citado para comparecer en xuízo rápido polos delitos cometidos contra a seguridade viaria.

Durante a fin de semana tamén houbo un accidente entre unha motocicleta e dous turismos na rúa Teixugueiras, tras o que o motorista deu 1,02 e 0,99 miligramos de alcol por litro de sangue en cada unha das dúas probas ás que foi sometido, polo que foi citado para comparecer en xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria.

Outra moto atropelou o mesmo sábado na rúa Aragón a unha muller de 70 anos que quedou ferida leve e foi trasladada nunha ambulancia medicalizada a un centro hospitalario da cidade viguesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade