Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen comercio non temos pobo, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Sen comercio non temos pobo, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 04/11/2024 08:04

No ano 2001 tiñamos preto de sesenta mil comercios en Galicia, hoxe non chegamos aos corenta mil, dos cales, trinta mil entre A Coruña e Pontevedra e 10.000 entre Lugo e Ourense.

O comercio desaparece por xubilación e non ten continuidade porque ten problemas de rendibilidade. O pequeno comercio minorista é substituído polas grandes cadeas, que tamén xeran emprego, pero non alimentan as bisbarras ni as vilas nin os pobos. Unha parte da nosa vida, como pobo, desaparece cando un pequeno comercio pecha. Hai vinte anos os nosos comercios eran o 6,7 % de España, hoxe somos o 6,2 %, é dicir, en Galicia pechan e pechan máis que en España.

O Bono Comercio temos que velo como unha axuda ás familias, pero esencialmente como un estimulo ós comerciantes. O importe destinado son 2,5 millóns, que acabarán xerando un impacto no comercio de entre dez e quince millóns.

Pero o relevante non son eses millóns, senón que pensemos que hoxe fomos porque tiñamos un interese, o bono, pero que mañá temos que volver porque debemos ter outro interese, os nosos comerciantes, sen eles non temos sociedade, non temos pobo, seremos bisbarras dormitorios, e ninguén debe querer cambiar un lugar con alma por outro baleiro de vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade