Sen orzamentos, os compromisos con Galicia no aire
Sen orzamentos, os compromisos con Galicia no aire
O BNG asume que parte do pactado co PSOE no acordo de investidura vai sufrir atrasos
A Xunta denuncia que, unha vez máis, os compromisos de Pedro Sánchez con Galicia son "papel mollado"
Os ministros do PSOE defenden a prórroga dos Orzamentos Xerais do Estado
A renuncia de Pedro Sánchez a presentar orzamentos para este ano, deixa no aire moitos dos compromisos adquiridos con Galicia. Entre eles, os pactados co BNG no acordo de investidura.
De entrada, quedan en pausa os novos descontos para a AP-9 e os primeiros para a autoestrada Santiago-Ourense, pero tamén os novos xulgados de violencia machista en Santiago, Lugo e Ourense.
O Goberno anuncia que moitos deses eses compromisos irán nas contas de 2025, pero o BNG esixe que se cumpran por outras vías legais. Pero ao tempo, os nacionalistas asumen que moitos quedarán no tinteiro.
A Conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez, denuncia outra parálise nas infraestruturas. E define os compromisos do Goberno con Galicia coma "papel mollado":
Os socialistas asinaron acordos de investidura co BNG, pero tamén co resto de forzas nacionalistas. Neses pactos había un punto crucial, a quitación da débeda autonómica.
Agora sen presupostos, queda no aire. Pero o presidente catalán insiste en que o Goberno debe cumprir. Peré Aragonés, esixe o perdón dos 15.000 millóns antes de fin de ano.
Coma Cataluña, o resto das comunidades, incluída Galicia, agardan que o Goberno manteña o compromiso de condonar a débeda.