Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo queda sen prazas hoteleiras nunha fin de semana cargada de eventos

Lugo queda sen prazas hoteleiras nunha fin de semana cargada de eventos

O Mundial de Motocrós, o Facelafest, Equigal, un medio maratón e un campionato de mus atraen milleiros de persoas

G24.gal 11/05/2024 20:57 Última actualización 11/05/2024 21:47

O Mundial de motocrós, con 10.000 espectadores; o medio maratón de El Progreso, con máis de mil atletas; a celebración de Equigal, certame de cabalos de pura raza árabe, ou a oitava edición do Facela Fest son algunhas das citas responsables de que non queden prazas hoteleiras libres.

Os encontros que protagonizaron o Breogán e o Lugo tamén trouxeron centos de persoas á cidade, igual que a décima edición do maratón de mus.

Satisfacción entre os hostaleiros porque Lugo sexa o escenario de eventos multitudinarios.
A promoción do Camiño Primitivo e a consecución dos tres Patrimonios da Humanidade cos que conta supuxeron un antes e un despois para o turismo na cidade.

A partir deste domingo está previsto que volvan quedar prazas hoteleiras dispoñibles en Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos