Sen rastro do veciño da Cañiza desaparecido dende o martes
Sen rastro do veciño da Cañiza desaparecido dende o martes
A busca está centrada nos lugares da súa contorna e que habitualmente frecuentaba
Dende o martes non se sabe nada de Manuel Álvarez. A Garda Civil segue buscando este veciño da Cañiza ou calquera pegada que poida axudar a dar co seu paradoiro. Por terra e por aire, con todos os medios dispoñibles.
A busca céntrase na súa contorna e nos lugares que frecuentaba. Revisan cada xornada estes espazos, pero a Garda Civil traballa cada día nun perímetro máis amplo. Son zonas de monte máis complicadas polas que pasan ríos e hai minas.
Manuel Álvarez é veciño do lugar de Carracedo, na parroquia de Valeixe. Ten 56 anos. De complexión delgada, mide un metro setenta. O dispositivo despregado na súa busca, no que tamén participan familiares e amigos, seguirá activo ata que a luz do día o permita.