Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen rastro de Antonio Tuñas, o veciño de Mazaricos a quen se lle perdeu o rastro en decembro

Sen rastro de Antonio Tuñas, o veciño de Mazaricos a quen se lle perdeu o rastro en decembro

O equipo de persoas da Policía Xudicial organizou a procura no monte carnotán

Os mergulladores somerxéronse nalgunhas balsas de auga e os cans rastrexaron pistas

Non houbo resultados positivos 

G24.gal 27/09/2023 13:16

O equipo de persoas da Policía Xudicial da Coruña liderou a procura nas Paxareiras, en Carnota, dalgunha pista de Antonio Tuñas, veciño de Mazaricos, a quen se lle perdeu o rastro en decembro do ano pasado. 

O coche deste home, de 72 anos, apareceu canda o tanatorio de Carballo, co asento movido e cabichas no cinseiro, un dato significativo xa que Tuñas nin fumaba nin deixaba fumar no seu turismo. 

A hipótese de que alguén lle fixera algo foi asentándose e virando as olladas cara un veciño, José Manuel Martínez Quintáns, que xusto gozaba dun permiso penitenciario no momento da desaparición. Coñecido como Pandolo, comezou a delinquir nos noventa, e pasou máis de media vida na cadea. Tamén se sospeita que pode estar vinculado coa desaparición doutro home de Culleredo en maio deste ano. 

Agora, cando pasaron nove meses sen saber de Antonio Tuñas, citáronse en Carnota membros de bombeiros, voluntarios, Protección Civil e Garda Civil para peitear unha zona de monte complicada. Os cans do grupo cinolóxico da Benemérita traballaron mañá a e tarde. Percorreron diversas pistas forestais e mesmo foi preciso o traballo dos GEAS, que fixeron inmersións en balsas de auga. A procura desta xornada non deu resultados positivos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade