Cargando resultados...
Séntese eun terremoto de magnitude 5,4 na zona do golfo de Cádiz
Séntese eun terremoto de magnitude 5,4 na zona do golfo de Cádiz
G24.gal
14/08/2022 23:25
O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta noite un tremor de magnitude 5,4 graos na escala aberta de Richter na zona do golfo de Cádiz, que foi percibido pola poboación.
O sismo produciuse sobre as 22:20 horas desta noite con latitude 35,92 graos e lonxitude -8.5681. O movemento sísmico tivo lugar a unha profundidade de 62 quilómetros.
Emerxencias de Andalucía informou de que recibiu tres chamadas de persoas que o sentiron na provincia de Huelva.
Non se rexistraron danos persoais nin materiais.