Sergio Camello é o heroe dun ouro moi sufrido
Sergio Camello é o heroe dun ouro moi sufrido
Dobrete do líder da selección Fermín e dobrete decisivo na prórroga de Camello
Final polo ouro entre dúas seleccións históricas, a anfitrioa Francia, e unha España liderada por Fermín, que ata a final estaba a realizar uns incribles Xogos Olímpicos, e que non se ía a quedar atrás neste partido.
O encontro empezou da peor maneira posible para España, disparo sen moito perigo de Enzo Millot e erro de Arnau Tenas que tenta anticiparse e escolle mal o lado dando a vantaxe ao equipo local. Francia apertaba arriba, e co total apoio da grada España atopábase nunha situación moi delicada, pero cando as cousas danse mal soen aparecer os líderes dos equipos. Fermín, o mellor xogador do torneo, e Álex Baena, colleron as rendas do partido e déronlle a volta ao partido. Dous goles de Fermín como si fora un dianteiro centro, boa definición no primeiro, e aproveitando un rexeite no segundo, e un gol de fermosa factura de Álex Baena no lanzamento dunha falta. A poucos minutos do final apareceu unha man salvadora de Arnau Tenas para evitar que Francia se achegase no marcador.
Na segunda metade o equipo español meteuse na área a defender agardando por unha contra. Os contraataques chegaron, pero os goles non, e cando perdoas e defendes tan atrás soen ocorrer cousas desfavorables. Arnau Tenas volveu a salvar a España cunha man antolóxica, pero non puido parar un centro de Olise que bateu nun defensa e acabouse colando dentro. Xa no tempo de engadido o árbitro pitou un penalti dubidoso a favor de Francia que remontaba o partido e poñía o 3-3 no marcador e levaba o partido á prórroga.
Na prórroga o partido igualouse, os dous equipos estaban cansados, e aí apareceron as pernas dun Sergio Camello que entrou na segunda metade e aínda estaba fresco. Boa xogada combinativa e gran picada do dianteiro do Raio Vallecano para adiantar no tempo extra a España. Francia tentou empatar, e xa no tempo engadido da segunda parte da prórroga Arnau Tenas sacou rápido para asombro de todo o mundo e encontrou ao heroe do partido, a Camello, que con outra gran definición silenciou ao Parque dos Príncipes.