Sete mil persoas festexaron na Porta do Sol de Madrid a entrada do ano
Sete mil persoas festexaron na Porta do Sol de Madrid a entrada do ano
Madrid foi a única grande cidade española que permitiu actos masivos
A comunidade e o concello de Madrid, tal e como prometeran, autorizaron a tradicional festa de fin de ano na Porta do Sol. As autoridades permitíronlle a entrada a sete mil persoas, a unha praza con capacidade para case vin mil, coa esixencia de máscaras e a obrigatoriedade de manter a distancia de seguridade.
O problema foi que a maior parte dos asistentes concentráronse no centro da praza, facendo imposible en moitos casos que a xente gardase a distancia de seguridade
A capital foi a única grande cidade española que permitiu actos masivos
Madrid foi unha das oito comunidades que celebraron a entrada do ano sen restriccións, agás a prohibición das macrofestas. A capital foi a única grande cidade española que permitiu concentracións como a da Porta do Sol.
Despois dunha noite de festa, cos locais de ocio nocturno madrileños abertos e sen restricións de horarios nin de aforo, esta mañá os equipos de limpeza traballaban para deixar a Porta do Sol limpa.
Madrid ten unha incidencia acumulada de máis de 1400 contaxios por cen mil habitantes
Segundo datos do goberno autonómico, Madrid ten unha incidencia acumulada de máis de 2.400 contaxios por cada cen mil habitantes, e nas últimas vintecatro horas controladas rexistraron máis de 21.000 contaxios.