Sete novas incorporacións a Galicia Calidade no que vai de mes
Sete novas incorporacións a Galicia Calidade no que vai de mes
O selo conta xa con máis de 150 empresas e 780 referencias certificadas
Un queixo do Cebreiro e elaborados cárnicos de porco celta sumáronse esta semana
Este queixo do Cebreiro elaborado en Castroverde xa loce nos envases o logotipo de Galicia Calidade.
O seu produtor decidiu incorporarse ao selo para dar visibilidade aos estritos protocolos con que traballa.
Unha certificación de calidade, pero tamén unha inmellorable carta de presentación nos mercados e nos eventos agroalimentarios.
Ademais do queixo, esta semana incorporáronse os embutidos e outros produtos cárnicos que se elaboran con porco celta.
Un paso máis na consolidación deste produto exclusivo de Galicia dentro do sector porcino de alta gama.
E é que, segundo os seus responsables, Galicia Calidade non é só un método de control senón tamén unha ferramenta de promoción.
O selo abrangue 150 empresas e 780 referencias. Tamén vai máis aló dos produtos alimentarios e inclúe, por exemplo, iniciativas turísticas, industriais ou vencelladas coa moda.