Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sinalan colexios concertados e privados por inchar as notas do bacharelato

Sinalan colexios concertados e privados por inchar as notas do bacharelato

Así se desprende do novo informe elaborado polo Observatorio de Sistema Universitario (OSU) que, a partir de datos oficiais, que comparou as notas de bacharelato dos alumnos españois coas conseguidas na fase xeral das probas de acceso á universidade

EFE 15/06/2023 13:08

Os colexios concertados e privados españois inchan as notas de bacharelato dos seus alumnos con sobresalientes, mentres que os públicos tenden a cualificalos con aprobados.

Así se desprende do novo informe elaborado polo Observatorio de Sistema Universitario (OSU) que, a partir de datos oficiais, comparou as notas de bacharelato dos alumnos españois coas conseguidas na fase xeral das probas de acceso á universidade (PAU, ABAU en Galicia).

Segundo o informe, a tendencia xeral en España é que os estudantes obteñan notas substancialmente mellores de bacharelato que na fase xeral das PAU.

No cómputo para calcular a nota que abre as portas ao sistema universitario, o 60 % do peso procede da nota media conseguida en bacharelato e o 40 % restante é a obtida na fase xeral das PAU.

Na presentación do informe este xoves, a directora do Observatorio de Sistema Universitario, Vera Sacristán, afirmou que "o que ocorre en xeral no conxunto de España é que en todos os centros están a incharse as notas excelentes" de bacharelato, xa que "está demostrado" que estas "non se reflicten nos resultados das PAU", e que "quen máis inflación producen son os centros privados concertados e aínda máis os privados".

Por iso, constatou dous factores de inequidade no acceso á universidade que veñen provocados pola comunidade autónoma de procedencia do alumno e pola titularidade do centro educativo.

Comunidade Valenciana e Galicia, onde hai máis desequilibrio

Segundo o informe, a diferenza máis elevada entre a nota de bacharelato e a das PAU rexístrase na Comunidade Valenciana, onde é 9 veces superior, xa que o 18,5 % de estudantes obteñen excelente en bacharelato e só o 2 % saca esta nota nas PAU.

En Galicia, o 20,8 % de alumnos consegue sobresaliente en bacharelato respecto ao 2,8 % que o obtén na ABAU, mentres que nas Canarias o 28,5 % de estudantes saca excelente en bacharelato e só o 6,5 % obteno no exame de acceso á universidade.

Noutras comunidades como A Rioxa, Cantabria ou Castela e León, a porcentaxe de notas entre 9 e 10 apenas é o dobre no bacharelato que na fase xeral das PAU.

En termos xerais, nos institutos públicos rexístranse notas aprobadas máis baixas, o que se corresponde con máis estudantes con nota entre 4 e 5 da fase xeral das PAU.

Máis sobresalientes nos privados en todas as comunidades

En canto á diferenza entre as tipoloxías de centros, os datos poñen de manifesto que en todas as comunidades as porcentaxes de estudantes con nota de Bacharelato sobresaliente son maiores nos centros privados (concertados ou non) que nos públicos.

Ademais, o son máis nos centros privados sen concerto, coa excepción de Cataluña, onde a maior proporción de sobresalientes dáse nos privados concertados.

Propostas para solucionar o desaxuste

Como medida "máis efectiva" para solucionar o desequilibrio, Vera Sancristán propuxo dar máis peso á nota da fase xeral das PAU que á de bacharelato na nota de acceso.

Outra da medidas propostas é transparencia absoluta en canto ás notas do bacharelato e que cada ano se fagan públicas as distribucións de notas de cada un dos centros, tanto estas como as da fase xeral das PAU e das materias da fase específica.

Así mesmo, expón que deberían aplicarse criterios de corrección das PAU máis homoxéneos e coordinados entre comunidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade