Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sinaturas contra a fin do diñeiro en efectivo

Sinaturas contra a fin do diñeiro en efectivo

A Asociación de Xubilados de Lugo súmase á iniciativa "para manter a privacidade"
 

G24.gal 10/03/2024 19:18 Última actualización 10/03/2024 19:33

A Plataforma Cidadá Salvemos o Diñeiro Físico leva recollidas milleiros de sinaturas pedindo que se garanta que calquera transacción económica poida facerse en efectivo, e a Asociación de Xubilados de Lugo sumouse a esta recollida de sinaturas en que se pide a fin da lei antifraude que limita ata mil euros os pagamentos en efectivo cando unha das partes sexa unha empresa.

"Desde o momento en que tes que pagar ou recibir calquera pagamento a través dun medio telemático, informático, etcétera, alguén vai ter un control absoluto da nosa vida, dos nosos movementos, do que facemos, do que comemos, onde durmimos, absolutos", explica Julio Méndez, Presidente da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo.

Queren levar a Iniciativa Lexislativa Popular ao Congreso e necesitan 500.000 sinaturas para poñer un freo ao que ven como unha ameaza de corralito global.

"Simplemento poñendo barreiras económicas. Dicindo que unha persoa non pode sacar ese mes máis de 300 euros virtuais. Polo tanto xa estamos fastidiados. Ese é o gravísimo problema que se nos pode vir enriba se desaparece o diñeiro físico", matiza Julio Méndez.

Tamén critican a dependencia da tecnoloxía para as apagadas electrónicas e cuestionan a necesaria intermediación dos bancos, que, segundo din, cada día poñen máis restricións e esixencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade