Sindicatos e Leite Celta acadan un preacordo sobre o convenio colectivo
Sindicatos e Leite Celta acadan un preacordo sobre o convenio colectivo
Este novo acordo garantiza o poder adquisitivo dos salarios
O pacto terá que ser ratificado en asembleas
O sindicato CIG anuncia un preacordo coa dirección de Leite Celta, tras a folga parcial indefinida que mantén o persoal en Pontedeume (A Coruña), para desbloquear a negociación do seu convenio colectivo.
O pacto foi posible tras unha reunión de mediación de máis de 6 horas de duración. Este novo acordo "garante o poder adquisitivo dos salarios" e terá que ser "ratificado en asembleas".
A central considera que se "contempla un incremento salarial do IPC real no conxunto do convenio colectivo durante os anos de vixencia" ata 2024. Prevé un "tope do 4,5 % mais as subas porcentuais correspondentes a cada exercicio".
"Consegue a principal reivindicación do persoal a nivel económico: que se garanta o poder adquisitivo dos salarios", valorou o voceiro de emprego, Fran Cartelle.
"Xunto a isto, lógranse melloras na retribución da nocturnidade, no incremento do prezo de todos os festivos traballados, na redución da xornada anual en oito horas e tamén na suba do aboamento dos festivos especiais ata os 120 euros", explicou Cartelle.
Segundo a CIG, tamén se acordou que as "licenzas comencen a contar en día laborable" e que as partes pactaron crear "unha comisión para a reclasificación das categorías, o que suporá á súa vez un incremento nos salarios".
Para Cartelle, "este preacordo non sería posible sen a determinación e a forza dos traballadores para levar adiante unha folga que leva 18 días".