Publicador de contidos
Publicador de contidos

Siniestro Total retírase dos escenarios cun concerto en maio en Madrid

Siniestro Total retírase dos escenarios cun concerto en maio en Madrid

Non se disolven e continuarán con proxectos comúns

G24.gal 23/02/2022 14:37

Siniestro Total despídese dos escenarios cun último concerto. Será o 6 de maio no Wizink Center de Madrid. Un evento bautizado como 'El último concierto. 40 años sin pisar la Audiencia Nacional', que contará coa presenza de antigos membros da mítica banda viguesa.

Retíranse dos escenarios, pero non se disolven e continuarán con proxectos comúns.

"Tiñamos reservada esta data para a celebración dos corenta anos do grupo. Vendo que despois da parada pola covid se facía complicado retomar as forzas para coller de novo a estrada, decidimos que parabamos e quedabamos aquí", di Julián Hernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade