Publicador de contidos
Publicador de contidos

Só o 10 % dos negocios adaptaron as portas á norma de aforro enerxético

Só o 10 % dos negocios adaptaron as portas á norma de aforro enerxético

Piden máis tempo para instalar un acceso automatizado que só abra ao paso da clientela

A obriga de apagar as luces dos escaparates ao peche está a seguirse de xeito maioritario

G24.gal 02/10/2022 18:18 Última actualización 02/10/2022 18:53

O sector do comercio galego pídelle máis tempo ao Goberno para acometer todas as modificacións ás que os obriga o decreto de aforro enerxético que entrou en vigor o venres pasado.

A Confederación Española de Comercios calcula que só o 10 % dos negocios adaptaron as súas estruturas ás novas medidas.

Apagar as luces dos escaparates ao peche da xornada está a seguirse de xeito maioritario. Pero a obriga de manter a porta pechada sempre que funcione o aire acondicionado ou a calefacción no interior está a xerar máis problemas.

Para adaptarse a esta esixencia, é preciso instalar unha porta automatizada, un investimento que non todos os locais poden acometer. Moitos, agardan a coñecer como e cando se van activar axudas económicas para cambiar os accesos.

Situación en Vigo

Sábado á noitiña. Por segundo día consecutivo os comercios de Vigo apagan as luces dos escaparates. Non só as grandes cadeas do téxtil senón tamén os pequenos comercios. A primeira norma do novo decreto de aforro enerxético é clara. Nada de gasto eléctrico innecesario. 

Escaparates ás escuras é unha norma doada de cumprir. Agora vaiamos á temperatura do interior. O aire acondicionado a 27 graos e a calefacción a 19. Nin máis, nin menos.

Pero o que a maioría aínda non cumpre é o de ter unha porta automatizada que abra só ao paso da clientela e permaneza pechada sempre para non desperdiciar nin o frío nin a calor artificial. Considera que é un investimento moi custoso, polo que piden máis tempo para poder adaptarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade