Publicador de contidos
Publicador de contidos

Só o 16 % dos autónomos prevé aumentar a súa facturación este ano

Só o 16 % dos autónomos prevé aumentar a súa facturación este ano

"Arredor do 80 % dos autónomos prevé un descenso da súa actividade", di o presidente de ATA, Lorenzo Amor

G24.gal 10/01/2024 13:30

O barómetro que analiza a situación do colectivo dos autónomos apunta que só un de cada cinco traballadores por conta propia viu medrar o seu negocio en 2023, e o 16 % agarda aumentar a súa facturación este ano.

O estudo sinala tamén que os impostos, a inflación e o acceso ao crédito son os principais problemas que afrontan os autónomos, polo que máis da metade cren que se verán abocados a subir os seus prezos.

"Estamos falando de que en torno ao 80 % dos autónomos prevé un descenso da súa actividade. A previsión para este ano é que máis da metade dos autónomos, en caso de seguir incrementándose os gastos, teñan que volver retocar os prezos dos seus servizos e produtos e subilos", advirte Lorenzo Amor, presidente de ATA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade