Publicador de contidos
Publicador de contidos

Só queda o 10 % de berberecho en Vilaboa pola temperatura da auga

Só queda o 10 % de berberecho en Vilaboa pola temperatura da auga

O bivalvo tamén morreu polo parasito Marteilia

G24.gal 07/08/2022 14:52 Última actualización 07/08/2022 15:06

Este ano había bo croque, como se chama aquí o berberecho, ata que chegou a ameaza do parasito Marteilia e agora as vagas de calor. A estimación da mortaldade do marisco tras a chegada da calor reduciu o bivalvo ao 10 % .

A calor tamén potencia o crecemento das algas que asfixian o molusco e que van comezar a retirar este mércores. Unha das praias desta confraría, esta de Deilán, é a terceira de Galicia pola temperatura da auga, que pode chegar aos 27 ou 28 graos. Na confraría tamén están preocupados pola contaminación e gustaríalles que o colector da nova depuradora saíse fóra da ría.

Todos estes factores están acabando tamén coa ameixa xaponesa. As mariscadoras de Vilaboa levaban ademais desde 2021 en paro por outra mortaldade, a provocada pola choiva torrencial dese ano, que botaron a perder gran cantidade de marisco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade