Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a doce o número de vítimas mortais polas inundacións en Grecia

Aumenta a doce o número de vítimas mortais polas inundacións en Grecia

Outras seis persoas continúan desaparecidas, entre elas unha parella de turistas austríacos que estaba a celebrar a lúa de mel 

Dende o pasado martes os equipos de salvamento rescataron máis de 4.200 persoas Dende o pasado martes os equipos de salvamento rescataron máis de 4.200 persoas
G24.gal 10/09/2023 13:08 Última actualización 10/09/2023 14:36

O achado nas últimas horas de dous novos cadáveres eleva a doce o número de vítimas mortais polas inundacións que sufriu Grecia esta semana, logo dunhas choivas "inéditas", segundo as autoridades.

Son dous homes, un de 78 anos e outro de 58. Outras seis persoas continúan desaparecidas, entre elas unha parella de turistas austríacos que estaba a celebrar a súa lúa de mel no país mediterráneo.

Dende o martes pasado, un total de 4.250 persoas foron rescatadas, segundo datos do corpo de bombeiros. Agora, preocupa o elevado número de persoas migrantes, empregadas na agricultura, que se aloxan en chozas e vivendas improvisadas.

Calcúlase que os danos poderían superar os 1.000 millóns de euros. Ademais do estrago de infraestruturas, é un duro golpe para a agricultura helena, xa que nas zonas damnificadas se atopa a maior área de cultivos do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade