Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben a 222 as vítimas mortais pola DINA e 41 persoas seguen desaparecidas

Soben a 222 as vítimas mortais pola DINA e 41 persoas seguen desaparecidas

Os equipos de rescate localizaron dous corpos nas últimas horas en Valencia

Os traballos de limpeza refórzanse con milleiros de persoas voluntarias

Dous mergulladores dos GEAS buscan persoas desaparecidas na Albufera. EFE/ Biel Alino
G24.gal 09/11/2024 12:53 Última actualización 09/11/2024 22:34

Os equipos de rescate que traballan na procura de persoas desaparecidas polas inundacións provocadas pola DINA atoparon este sábado dúas novas vítimas mortais en Valencia. 

Deste xeito, sobe a 222 o número de falecementos polos devastadores asolagamentos do pasado 29 de novembro.  

A maioría das vítimas mortais confirmadas pertencen á Comunidade Valenciana (214), e o resto son de Castela-A Mancha (7) e Andalucía (1).

Segundo a información facilitada polo Centro de Integración de Datos (CID), hai 41 casos de persoas desaparecidas con expedientes xudiciais abertos. Porén, aínda hai 19 corpos pendentes de identificar.

Do total de persoas falecidas en Valencia, 195 están plenamente identificadas (157 por impresións dixitais, 35 por ADN e 3 por identificación hospitalaria en vida).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade