Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben os prezos dos aparcadoiros de pago de Santiago

Soben os prezos dos aparcadoiros de pago de Santiago

En tres dos aparcadoiros é a segunda subida en menos de tres meses

O Concello xustifica a medida como unha actualización do IPC

G24.gal 13/03/2024 14:38

Estacionar nas cidades é toda unha misión imposible. A maioría acaba, con resignación, recorrendo aos aparcadoiros de pago. Pero este xesto é cada vez máis caro. En Santiago, o Concello acaba de subir nun 3,2 % as tarifas de tres dos aparcadoiros máis concorridos.

É a segunda suba en menos de tres meses, dende decembro encarece preto dun 17 % e agora unha hora neste aparcadoiro de San Clemente custa 2 euros con 40 céntimos. 

Un prezo que moitos ven inviable para o día a día. Xustifican a medida como unha actualización do IPC, pero a idea choca na rúa.

Tamén soben nun 3,1 % outros dous aparcadoiros como o da Choupana. O seu prezo triplica a media dos situados en recintos hospitalarios de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade