Publicador de contidos
Publicador de contidos

Socorren un veleiro alemán a pouco de esnafrarse contra as rochas da Barca, en Muxía

Socorren un veleiro alemán a pouco de esnafrarse contra as rochas da Barca, en Muxía

Os seus oito tripulantes saíron ilesos do accidente

G24.gal 07/07/2022 16:07

Afortunadamente todo quedou nun susto e en pequenos danos materiais. Contra as seis e media da tarde recibíase no 112 unha chamada de auxilio: un veleiro, de nome Odysseus, acababa de varar nunha zona de rochas próxima ao santuario da Barca, en Muxía.

A embarcación saíra pouco antes da ría cando quedou sen control, presuntamente por un fallo de motor agravado polo vento do nordés. A tripulación, de nacionalidade alemá, logrou saltar polo seu propio pé a terra.

Foi o Salvamar Altair de Salvamento Maritimo, en colaboración con Protección Civil, o que, empregando varios cabos, lograba afastar das rochas o veleiro. Remolcárono ata o porto deportivo da vila, onde este xoves os seus oito tripulantes alemáns andaban a reparar os danos da embarcación e a recuperarse do susto.

"Non tivemos oportunidade de afastarnos das rochas", relataba un deles. Demasiado vento, un intenso nordés e problemas no motor do barco provocaron a deriva da embarcación cara ás rochas.

Cando se produciu o suceso, o veleiro saía da ría de Camariñas. Agora os tripulantes esperarán uns días para volver, xa máis tranquilos, e co barco reparado para seguir a súa travesía pola costa galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade