Sofre unha inesperada e brutal agresión no seu bar de Cabana de Bergantiños
Sofre unha inesperada e brutal agresión no seu bar de Cabana de Bergantiños
Precisou nove puntos de sutura e cinco grampas na cabeza
Sandra acabou con dúas brechas superficiais de once e nove centímetros na cabeza tras a brutal agresión que sufriu por parte dun cliente no bar que rexenta.
Conta que o agresor, duns 60 anos e que era a terceira vez que entraba no seu negocio en 4 anos, estivo tomando uns viños tranquilamente. Pero cando viu que xa non quedaba ningún cliente, pediulle a conta e foi cando comezou a agredila cunha botella ata que caeu ao chan.
Aínda así, Sandra logrou defenderse. Di que comezou a darlle patadas e que, non sabe como, o home tamén caeu ao chan e que foi quen de empurralo e fuxir correndo para pedir axuda.
Mentres Sandra era atendida no centro de saúde, o agresor era detido pola Garda Civil. Agora, impotente, di que ás poucas horas o home quedou en liberdade á espera de xuízo, pero agarda que se faga xustiza.