Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sorpresa en Ribadeo por ter que declarar as axudas recibidas para pagar con "panchas"

Sorpresa en Ribadeo por ter que declarar as axudas recibidas para pagar con "panchas"

O Concello lanzou a iniciativa para incentivar as compras, con descontos do 25%

 

G24.gal 01/05/2022 14:58

A sorpresa e a resignación son os sentimentos maioritarios cando preguntamos en Ribadeo se coñecían o feito de que haxa que declarar a axuda que recibiron para pagar con panchas as compras.

A campaña lanzouse para impulsar a actividade económica. Promovida polo Concello, nesta ocasión o pago facíase a través dunha aplicación no teléfono móbil.  O desconto era do 25 %. Unha axuda que agora hai que declarar. 

Preocupa especialmente a aqueles que ata o de agora non presentaban declaración da renda por non superar os 22.000 euros dun só pagador, porque a axuda recibida polas panchas supón unha ganancia de patrimonio e agora si que terán que presentar a declaración. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade