Publicador de contidos
Publicador de contidos

Stellantis Vigo instala na factoría de Balaídos a maior cuberta fotovoltaica de España

Stellantis Vigo instala na factoría de Balaídos a maior cuberta fotovoltaica de España

Serán 27.000 módulos fotovoltaicos que abarcarán unha superficie equivalente a 24 campos de fútbol

Este parque solar proporcionaralle á planta de Vigo a súa propia electricidade descarbonizada

G24.gal 04/05/2023 14:40

Serán 27.000 módulos fotovoltaicos que vai instalar Stellantis na fábrica de Balaídos abarcarán unha superficie equivalente a 24 campos de fútbol. Este parque solar proporcionaralle á planta a súa propia electricidade descarbonizada para o seu proceso de produción.

É un paso máis, din desde a factoría, para converterse en líder industrial na loita contra o cambio climático. Coa enerxía que produza a instalación fotovoltaica a fábrica cubrirá o 14 % da súa demanda eléctrica. Isto suporá unha redución dos custos enerxéticos. 

Con este proxecto Stellantis reafírmase no seu compromiso pola descarbonización do proceso produtivo e avanza cara ao obxectivo cero emisións no 2038.

A obra para a colocación dos paneis xa comezou na cuberta das naves da factoría de Balaídos. Será a maior instalación de autoconsumo solar fotovoltaico sobre cuberta en España, en total 170.000 metros cadrados.

Os traballos rematarán antes de que finalice o ano pero Stellantis xa estuda unha ampliación do parque solar á totalidade da planta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade