Publicador de contidos
Publicador de contidos

Subida histórica do prezo dos alimentos do 16,6 % no mes de febreiro

Subida histórica do prezo dos alimentos do 16,6 % no mes de febreiro

Azucre, manteiga, salsas, aceite de oliva e leite enteiro, o que máis encareceu no último ano, con subas de entre o 33 % e o 52,6 % 

A inflación subeu en todas a comunidades agás en Extremadura, en Galicia o 0,8%, quedando catro décimas por riba da media

Podemos presiona o PSOE para intervir os prezos da cesta da compra

G24.gal 14/03/2023 09:05 Última actualización 14/03/2023 15:14

A inflación en España subiu no mes de febreiro un 6 % en taxa interanual, unha décima menos do dato adiantado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) o pasado 28 de febreiro e unha décima máis ca no mes anterior, debido fundamentalmente á subida histórica dos alimentos do 16,6 %.

En Galicia sobe a electricidade e o lecer, baixan os transportes, a roupa e o calzado

Ademais dos alimentos e as bebidas non alcohólicas, os prezos subiron con intensidade en febreiro en Galicia na vivenda, grupo no que se encadra a electricidade, que tivo un incremento mensual do 3,2 %.

Esta subida limita o descenso anual, que segue sendo importante, cunha caída dos prezos do 6,3 % no último ano.

En febreiro tamén houbo que pagar máis polo lecer, un 1,4 %, que leva o incremento anual ao 3,2 %; no grupo hoteis, cafés e restaurantes, que aumentou un 0,6 % ata o 8 % anual; e no alcol e o tabaco, que cun crecemento de case un punto o pasado mes (0,9) levou a subida anual ao 7,8 %.

Na parte das baixadas mensuais sitúanse o transporte -0,7 % e a roupa e o calzado, -2,1 %; caídas que, en calquera caso non mitigan o ascenso anual que deixa estes produtos e servizos un 3,2 % e un 2,6 % máis caros, respectivamente, que hai doce meses.

En España soben aceites, lácteos, azucre, ovos e hortalizas e baixa pouco o peixe e o marisco

O grupo de alimentos e bebidas non alcohólicas incrementouse máis dun punto por encima da do mes anterior, e inflúe neste comportamento o encarecemento dos legumes, hortalizas, froita fresca e a carne, ademais dun menor abaratamento do peixe e marisco respecto ao ano pasado.

Azucre, manteiga, salsas, aceite de oliva e leite enteira, o que máis encareceu no último ano, con alzas de entre o 33 % e o 52,6 % .

Os alimentos que máis subiron de prezo son o azucre (+52,6 %); a manteiga (+39,1 %); salsas e condimentos (+33,8 %); o aceite de oliva (+33,5 %); o leite enteiro (+33,2 %); os aceites e graxas (+32,9 %); os ovos (+28 %); os legumes e hortalizas frescas (+23,6 %); os cereais (+23,2 %); os produtos lácteos (+21,4 %) e a patacas (+21,2 %).

O INE tamén revisa á baixa, unha décima; a taxa de variación anual da inflación subxacente, o índice sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos, ata o 7,6 %, unha décima máis ca a rexistrada en xaneiro e a máis alta desde decembro de 1986.

A pesar da rebaixa ou eliminación do IVE de algúns alimentos, moitos deles seguen presentando subas en taxa interanual moi significativas, como as froitas frescas (5,6 %); a fariña (26,2 %); os ovos (28 %); as patacas (21 %); o queixo (19,8 %); o pan (13,2 %) ou as pastas alimenticias (11,4 %).
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade