Publicador de contidos

Publicador de contidos

Supostos impagos e falta de diñeiro durante a xestión do exsancristán de Vilanova

Supostos impagos e falta de diñeiro durante a xestión do exsancristán de Vilanova

O arcebispado de Santiago xa se presentou como prexudicado na causa aberta contra o home

G24.gal 02/11/2021 15:15

O caso do exsancristán de Vilanova, actualmente investigado por furto, complícase. Nas contas da parroquia faltaba diñeiro, e había impagos, segundo fontes da arquidiocese compostelá.

O arcebispado de Santiago xa se presentou como prexudicado na causa aberta contra o home que xestionou durante anos o funcionamento da parroquia de San Cibrán.

A denuncia de irregularidades por parte do actual párroco sacou á luz o material litúrxico, libros e obras de arte que agochaba na súa casa o que foi man dereita do anterior cura, xa falecido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade