Susana Rodríguez, premio Nacional do Deporte 2022
Susana Rodríguez, premio Nacional do Deporte 2022
Susana Rodríguez proclamouse campioa do mundo e de Europa de paratríatlon e logrou a medalla de ouro nas Series Mundiais de Yokohama e Montreal
O tenista Carlos Alcaraz e a triatleta paralímpica galega Susana Rodríguez foron galardoados coas principais categorías dos Premios Nacionais do Deporte, Premio Rey Felipe e Premio Reina Letizia, respectivamente, correspondentes ao ano 2022.
O xurado, reunido este mércores na sede do Consello Superior de Deportes, tamén premiou o ex-xogador de balonmán Raúl Entrerríos, o equipo español de patinaxe, o baloncestista Izan Almansa e o atleta Jordan Díaz, entre outros, tras recibir máis de 120 propostas.
Susana Rodríguez proclamouse campioa do mundo e de Europa de paratríatlon e logrou a medalla de ouro nas Series Mundiais de Yokohama e Montreal e nas probas da Copa do Mundo disputadas na Coruña e Alhandra (Portugal).