Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suspéndenlles a uns pais do Porriño a tutela dun bebé que tiña dentadas e lesións

Suspéndenlles a uns pais do Porriño a tutela dun bebé que tiña dentadas e lesións

O pai foi detido logo de que persoal sanitario do hospital Álvaro Cunqueiro detectara indicios de malos tratos

G24.gal 21/02/2024 12:42

O Xulgado de Instrución número 1 do Porriño suspendeu a patria potestade a uns pais despois de levar ao seu bebé de 7 meses ao hospital Álvaro Cunqueiro con dentadas e lesións.

Segundo fontes xudiciais consultadas por Europa Press, a investigación iniciouse por mor de que os profesionais sanitarios activaron o protocolo para estes casos despois de que a nai levara o menor cunha serie de lesións.

A partir de aí, o pai do bebé foi detido, pasando a semana pasada á disposición da xuíza, quen decretou a súa posta en liberdade.

Con todo, está a ser investigado por un delito de malos tratos. Como medidas, impúxolle, ademais da obrigación de comparecer cada 15 días no xulgado, unha orde de afastamento do neno e a suspensión da patria potestade.

A garda provisional do menor foi asumida pola Xunta, segundo as mesmas fontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade