Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suspéndese a folga das ambulancias tras ratificarse o preacordo nas asembleas

Suspéndese a folga das ambulancias tras ratificarse o preacordo nas asembleas

O preacordo inclúe unha subida salarial para os próximos tres anos

Inclúense melloras de pago de domingos e festivo e unha redución nas horas de traballo

Manifestación a semana pasada en Santiago de Compostela Manifestación a semana pasada en Santiago de Compostela
G24.gal 19/07/2023 16:30

Esta mañá as asembleas dos traballadores de ambulancias das áreas sanitarias galegas aprobaron o preacordo acadado entre a patronal e os sindicatos, polo que se desconvoca a folga. 

Este martes reuníronse os representantes dos traballadores -CIG, USO, CCOO- e a patronal (Fegam) coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. O encontro durou máis de 12 horas, rematando a reunión ás 22:00 horas.

O acordo recolle unha subida salarial para os próximos tres anos: un 5% este ano, un 4% no 2024 e un 4,25% no 2025. Ademais, os salarios revisaranse a 1 de xaneiro de 2026 se o IPC 2023-2025 é máis alto que o incremento dos salarios acumulado para así garantir "un aumento do poder adquisitivo de dous puntos".

A patronal comprometeuse a unha paga de regularización de ata 1.700 € brutos, ademais dun aumento do prezo da hora nocturna nun 23% en 2024 e dun 25% en 2025.

O preacordo inclúe tamén melloras no plus de transporte, a percepción por baixa, o pago de domingos, festivos e festivos especiais e unha redución no cómputo de horas de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade