Suspendidas as clases nas Canarias o mércores e o venres polas altas temperaturas
Suspendidas as clases nas Canarias o mércores e o venres polas altas temperaturas
O Goberno do arquipélago xustificou a medida "por responsabilidade", tras as demandas de varios centros en que se reportaron desmaios e episodios de golpes de calor
O Goberno das Canarias suspendeu as clases nos centros de educación non universitaria o mércores e o venres debido ás altas temperaturas que azoutan ao arquipélago canario.
O conselleiro de Educación, Poli Suárez, que xustificou a medida "por responsabilidade", tras as demandas de varios centros nos que se reportaron desmaios e episodios de golpes de calor, avanzou que empezarán de inmediato a elaborar un protocolo para actuar en próximos episodios de altas temperaturas.
A idea é dispoñer deste protocolo en cuestión de días ou de semanas, indicou o conselleiro en declaracións aos medios.
Decisión que se fixo pública nunha xornada en que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) anunciou que as temperaturas máximas volverán superar este martes os 34 graos centígrados e que as mínimas apenas baixarán dos 24.
A calixe acompaña estes días as altas temperaturas, e en municipios das illas de Lanzarote, Fuerteventura, Gran Canaria, Tenerife e A Gomera emitíronse avisos por risco para a saúde por altas temperaturas.