O foguete chinés que provocou o peche de parte do espazo aéreo cae no Pacífico
O foguete chinés que provocou o peche de parte do espazo aéreo cae no Pacífico
O foguete chinés xa caeu no Pacífico Sur, segundo o Exército dos Estados Unidos
As suspensións de engalaxes e aterraxes afectaron principalmente os aeroportos de Cataluña, das illas Baleares, Madrid, Aragón e Navarra
Vai provocar atrasos toda a xornada
A caída sen control dun foguete chinés mantivo en vilo o tráfico aéreo español.
O risco da caída de lixo espacial obrigou, por precaución, a parar a actividad en varios aeroportos españois. Ás dez menos vinte Barcelona, Tarragona, Eivissa e Reus deixaban de operara durante 40 minutos.
O Longa Marcha 5B, que así se chama o foguete, colleu por sorpresa a milleiros de viaxeiros
As pantallas de información en laranxa marcando atrasos e cambios de horario... son a principal consecuencia. Afectan principalmente a Cataluña e Baleares, pero en cadea notouse en toda España. Aquí en Galicia, con retrasos de ata hora y media nos primeiros vóos da mañá.
O foguete pasou polo espazo aéreo español ata en dúas ocasións. Formaba parte do proxecto da primera estación espacial chinesa e finalmente caía no océano Pacífico ás once da mañá, segundo rexistrou o Comando Espacial de Estados Unidos.
Esta é a terceira vez en dous anos que A China provoca unha alerta global pola xestión do seu lixo espacial.