Publicador de contidos

Publicador de contidos

Susto no Enterro da Sardiña de Xinzo por un incidente cos foguetes

Susto no Enterro da Sardiña de Xinzo por un incidente cos foguetes

Unha caixa envorcou e os foguetes saíron voando en todas as direccións

Afortunadamente, non houbo danos de importancia

G24.gal 06/03/2025 14:42

Todo ía segundo o previsto un ano máis no Enterro da Sardiña de Xinzo cando, de repente, algo cambiou. Estoupidos fóra de lugar e en todas as direccións.

"Xa vexo os foguetes que chocan contra as cadeiras, contra as mesas. Aí vemos pais escapando coas crianzas. A xente escapou. Uns metéronse nos bares, outros cara á estrada e, no meu caso, canda unhas señoras que estaban con nós, metémonos no portal máis próximo que atopamos", explica Miguel Gallego, mentres ve o vídeo que el mesmo gravou.

Miguel, entroideiro habitual, gravou o momento. El mesmo, como conta, tivo que correr a refuxiarse nun portal ante a incerteza do que estaba pasando.

"Entraban foguetes ata dentro do portal. Aquí vese como entra un", comenta.

Ao Concello, responsable da organización, non lle consta que houbese feridos nin danos materiais.

Ricardo Sieiro, concelleiro de Festas: "Unha caixa volteou e, en vez de saír o lume para arriba, saíu para outro lado. Non se fixo nada distinto do que se fixera outros anos, e nunca pasara nada. Pero ben, non pasou dun susto, que é o importante".

O Enterro da Sardiña é un dos últimos actos do Entroido en Xinzo, pero non o derradeiro. Aínda lles queda o Domingo de Piñata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade