Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susto por un incendio orixinado no barrio coruñés de Monte Alto

Susto por un incendio orixinado no barrio coruñés de Monte Alto

Non houbo feridos e as casas tampouco resultaron danadas

G24.gal 21/08/2024 13:55

Pasaban poucos minutos das once da noite cando o lume sorprendía os veciños da travesía Colón, no barrio coruñés de Monte Alto. "A min fóiseme a luz e xa vin que me entraba claridade na casa. Saín á rúa en pixama. As lapas chegaban á miña porta".

Todos recoñecen que viviron momentos de moita angustia. "E medo...". "A min botáronme a porta abaixo porque crían que aínda estaba dentro. Como non contestaba...". "Había moita fumareda, moi lume... comezou a estourar todo... parecía que había petardos".

Eles mesmos foron quen alertaron ao 112. Intres despois xa estaban na zona dúas dotacións de bombeiros. "Viñeron os bombeiros e tamén a Policía Local. Os bombeiros moita auga empregaron. Sufocaron as lapas e limparon todo".

Con todo, din que estaban fartos de alertar desta situación que xa vían vir. "Eu chamei varias veces ao Concello, enviei fotos... e nada. Aquí viñan toxicómanos,  remexían todo... e onte pasou o que xa sabiamos que ía acabar pasando".

Non houbo feridos e as casas tampouco quedaron danados malia que, nalgunhas, estiveron toda a noite sen luz. Esta mañá, operarios do Concello achegáronse ao lugar para repoñer o alumeado público que si resultou afectado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade