Publicador de contidos
Publicador de contidos

Taxistas de Sarria denuncian a competencia desleal de condutores doutras vilas

Taxistas de Sarria denuncian a competencia desleal de condutores doutras vilas

Aseguran que taxistas doutros concellos e incluso condutores en coches particulares tratan de facer negocio co traslado de peregrinos e mochilas

G24.gal 25/03/2024 16:08 Última actualización 25/03/2024 16:15

Taxistas de Sarria denuncian competencia desleal por parte de profesionais chegados doutros concellos que queren facer negocio trasladando peregrinos. Din que perden cartos e que as súas licenzas se desvalorizan, e por iso reclaman máis controis.

Din que, un ano máis, coincidindo co inicio da temporada alta no Camiño de Santiago, profesionais doutros concellos tentan aproveitar a elevada afluencia de peregrinos para quitarlles clientes de xeito ilegal.

Din ademais que detectaron coches particulares, algúns deles de aloxamentos da comarca, que tamén fan servizos de taxi sen estar autorizados para iso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar