Cargando resultados...
Teñen que reconducir 15 golfiños ao exterior da ría de Ferrol despois de quedaren varados en Ares
Teñen que reconducir 15 golfiños ao exterior da ría de Ferrol despois de quedaren varados en Ares
Os cetáceos quedaron varados dúas veces na praia de Seselle, en Ares
G24.gal
01/08/2023 17:37
Última actualización 01/08/2023 17:50
Uns 15 golfiños tiveron que ser reconducidos de novo na madrugada deste martes ao exterior da ría de Ferrol.
Os cetáceos volveran entrar á ría por segunda vez e volveran quedar varados no areal de Seselle, en Ares.
Axudados dunha embarcación pneumática e dunha moto de auga, os equipos de rescate conseguiron devolvelos a mar aberto, preto do porto exterior de Caneliñas.