Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os puntos limpos están desborados polos televisores que se botan ao lixo por mor da desconexión da TDT

Os puntos limpos están desborados polos televisores que se botan ao lixo por mor da desconexión da TDT

De cada 50 usuarios que acoden ao punto limpo de Santiago, 40 levan televisores

Televisores amoreados nos puntos limpos á espera da reciclaxe
G24.gal 12/03/2024 14:46

De cada 50 usuarios que acoden ao punto limpo de Santiago, 40 levan televisores. Isto sucede dende hai un mes, cando se produciu a desconexión da televisión dixital terrestre.

"Trouxen dous televisores, ningún deles recibe en HD, en alta definición, e en consecuencia están actualmente inservibles. Hai a posibilidade de conectarlle un adaptador, un sintonizador, pero o televisor grande é da miña nai, e iso para a xente maior complica moito, entón optamos por mercar un novo e desfacernos do vello", comenta un usuario do punto limpo de Santiago

Ducias de monitores e televisores vanse amoreando á espera de seren recollidos para a súa posterior reciclaxe. Case o 100 % das pezas e compoñentes pódense aproveitar.

"Todo o que sexa protexer o medio ambiente e reutilizar e reciclar é fundamental", continúa.

Con todo, cada vez que hai un apagamento tecnolóxico, unha boa parte dos equipos van ao lixo.

 "E o problema que ten iso é que se xeran unha cantidade de refugallos tremendos, claro", conclúe.

Neste punto limpo depositábanse unha media de 15 televisores cada día. Agora son 80. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade