Cargando resultados...
Temor á suba de prezos dos carburantes pola guerra en Gaza
Temor á suba de prezos dos carburantes pola guerra en Gaza
A baixada de prezos xa se está contendo nos últimos días
G24.gal
15/10/2023 13:47
Última actualización 15/10/2023 14:10
A baixada do prezo dos combustibles tras o verán minorou estes días e moita xente teme xa o impacto do novo conflito bélico en Gaza. Malia o descenso, pagar 1,85 o litro de gasolina de 98 segue a parecer excesivo.
O gasóleo nunha estación de servizo de Vigo págase este domingo a 1,73 se é normal e 1,80 o prémium. Moitos consumidores consideran que o Goberno e as petroleiras deberían facer un esforzo para minimizar os custos do combustible.