Publicador de contidos
Publicador de contidos

Temor no sector gandeiro a un posible desabastecemento de pensos

Temor no sector gandeiro a un posible desabastecemento de pensos

España importa de Ucraína máis do 45 % do cereal usado nos concentrados

O sector bovino ten máis reservas que o porcino e avícola

G24.gal 02/03/2022 14:36

Máis do 45 % dos cereais que importa España para a fabricación de pensos para alimentación animal proceden de Ucraína, cun gasto de arredor de 500 millóns de euros. Tan só de millo, adquírense preto de tres millóns de toneladas.

Coa situación de guerra e as sancións a Rusia, ese fluxo podería cortarse por completo e os gandeiros xa agardan unha suba disparada dos prezos dos concentrados.

No sector leiteiro amósanse preocupados, pero din que aínda non hai motivos para a alarma. Por un lado, están a chegar as colleitas da Arxentina e do Brasil e, por outro, a maior parte das compras de cereal ucraíno estaban recibidas antes da invasión. No avícola e porcino si que podería haber desbastecemento a medio prazo.

Ademais dos pensos, a guerra vai facer que suban os fertilizantes e combustibles, que tamén proceden en boa medida desa zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade