Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia espertou con temperaturas baixo cero e xeadas no interior

Galicia espertou con temperaturas baixo cero e xeadas no interior

As mínimas rexistráronse en Calvos de Randín, con -6,6 graos

Seis comunidades en aviso por frío, vento e temporal no mar

G24.gal 08/01/2024 14:42

Volvemos ás rutinas tras o Nadal, pero facémolo con frío. No interior da comunidade predominan os valores negativos e toca abrigarse ben para saír á rúa.

"Non hai bala que me entre, levo ata un pano por debaixo do abrigo porque hai que recoñecer que fai moi frío".

Ben ataviados atopamos os veciños de Monforte de Lemos e aínda que máis dun ía aterecido din que este frío é o que toca.

"O normal deste tempo".

"O frío ten que vir, senón non é inverno".

Hai quen o toma con bo humor e quen fai comparativas.

"Frío fai moito pero así tamén se nos pon a cara fina".

"Hoxe é un frío seco, non é como cando hai néboa. É un frío seco parecido ao de Suíza".

Pese ao frío, en Monforte son moitos os que destacan que desta volta non os cobre a néboa.

"Cando hai néboa que estamos unha semana enteira ou máis sen ver o sol malo, e moito frío, aínda máis ca hoxe".

Para moitos a néboa é o peor do inverno e mesmo lle teñen nome á situación que se dá na vila.

"Aquí sempre hai néboa, é o pozo que lle chaman. As néboas isto é un pozo moi metido e sempre temos o mesmo".

Todos son precavidos e é que xa se sabe, mellor que sobre ca que falte.

"Está mellor día do que pensaba, eu creo que ata me abriguei demasiado".

Pero aínda que asome o sol este non quenta, en moitos puntos de Galicia non faltaron as xeadas e a situación será semellante na vindeira xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar