Publicador de contidos
Publicador de contidos

As temperaturas superan os vinte graos antes da chegada das chuvias

As temperaturas superan os vinte graos antes da chegada das chuvias

As nubes xa fixeron acto de presenza en moitos puntos de Galicia, aínda que seguirá facendo calor

Para o luns están previstas as primeiras choivas, que serán máis frecuentes o martes de Entroido

G24.gal 19/02/2023 14:49 Última actualización 19/02/2023 15:11

A conta atrás xa está activada. Os días solleiros, con temperaturas case de verán polo día, están chegando á súa fin despois de estaren entre nós dende finais de xaneiro. Así que moitos son os que aproveitaron o ambiente seco e agradable para pasear ou gozar do día. 

Non faltou o baño na praia, por certo, só para valentes, porque a auga do mar está a doce graos. E tampouco a postura práctica, a que non se deixa cegar polo sol e que xa está a pedir que retornen as choivas porque se necesitan.

Segundo Meteogalicia, as baixas presións xa fixeron aparecer nubes de tipo alto en moitos puntos da xeografía galega, especialmente na provincia de Lugo.

Con todo, as temperaturas superan os vinte graos nalgúns puntos. Son cinco menos ca os rexistrados en Boiro este sábado, por exemplo, pero seguen a ser altas para o mes de febreiro. 

Co Entroido nos seus días grandes a cuestión é se chegarán as choivas; as previsións din que si: puntuais este luns, cara á noite, e máis frecuentes o martes, a menos que alguén o arranxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade