Publicador de contidos
Publicador de contidos

Temperaturas máximas moi altas en Galicia para estarmos en xaneiro

Temperaturas máximas moi altas en Galicia para estarmos en xaneiro

A oscilación térmica, entre mínimas e máximas, chega nalgúns lugares a ser de 20 graos

G24.gal 25/01/2024 14:18

Galicia continúa baixo os efectos dun anticiclón moi potente, que xa onte deixou temperaturas máximas moi elevadas para un mes de xaneiro. En Silleda, na comarca do Deza, alcanzaron os 23 graos; en Pontevedra chegaron aos 22, unha cifra que se acadou tamén en moitos outros puntos das Rías Baixas, e do interior das provincias de Pontevedra e da Coruña. E tamén en localidades da provincia de Lugo, como por exemplo en Mondoñedo. 

Con estas temperaturas, máis propias da primavera que do inverno, moitos optaron por achegarse xa á praia ou ao río. Iso si, a oscilación térmica en moitos puntos de Galicia é de ata 20 graos e hai que abrigarse polas mañás para comezar a quitar capas en canto quenta o sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade