Tempo anticiclónico con xeadas e temperaturas de ata -6,7 graos no sur da provincia de Ourense
Tempo anticiclónico con xeadas e temperaturas de ata -6,7 graos no sur da provincia de Ourense
Esta madrugada rexistráronse valores mínimos de ata menos -6,7 graos en Baltar, -5,6 graos en Verín ou en Sarria
En lugares como Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, chegaron a -12,5 graos de sensación térmica
O sur de Lugo conxélase con temperaturas de ata -4 graos
Un día máis amenceu con temperaturas que nos deixan xeadas no interior, e as previsións apuntan que o tempo vai seguir así ata o venres.
Esta madrugada rexistráronse valores mínimos de ata -6,7 graos en Baltar, -5,6 graos en Verín ou en Sarria, en Lugo. Ata as nove desta mañá está activado un aviso amarelo por frío no sur da provincia de Ourense.
Pasadas as nove e media da mañá, a xornalista da TVG Raquel Rosa contaba nunha conexión en directo no informativo 'Bos días' que a esas horas aínda se rexistraban tres graos baixo cero en Xinzo de Limia, contra as nove e media da mañá.
Pero non só baixas temperaturas, tamén é a baixada da sensación térmica. En lugares como Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, chegaron a -12,5 graos de sensación térmica.
Abriu o día, pero os campos no sur de Galicia continúa cubertos polo manto branco da xeada. Tráfico recomenda ter moito coidado nas estradas xa que podería haber placas de xeo ata ben entrada a mañá, especialmente nas zonas de sombra.
De momento, sen incidencias salientables na rede viaria da provincia de Ourense.
En xeral, este martes mantense con predominio anticiclónico, sen cambios, con lixeiros ascensos das mínimas.
O sur de Lugo conxélase con temperaturas de ata -4 graos
As temperaturas mínimas subiron na costa e na zona centro da provincia de Lugo en relación coa xornada do luns, pero seguen sendo xélidas en Zona Sur e na Montaña, onde o termómetro caeu por segunda xornada consecutiva, por baixo dos cinco graos baixo cero.
Segundo a información facilitada por Meteogalicia, o termómetro volvía baixar a pasada madrugada en Sarria e o medidor instalado no polígono de Morelle deixou rexistrada unha temperatura de -3,3 graos.
O frío tamén foi intenso a pasada madrugada na capital da Ribeira Sacra, dado que o termómetro rexistrou en Monforte de Lemos unha temperatura de 4,1 graos en negativo.
Na zona da Montaña a temperatura mínima foi mesmo inferior á rexistrada na madrugada do luns e o termómetro chegou a baixar ata -5,3 graos en Pedrafita do Cebreiro.
Tamén foi frita a mañá en Lugo capital, aínda que a temperatura mínima ha subido considerablemente en relación cos 2,5 graos en negativo rexistrados na xornada previa polo termómetro instalado no campus universitario da cidade, que nesta ocasión non baixou dun grao en positivo.